Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este sábado, 14 de novembro celébrase o Trilho Corredoura do Manco en Valença

11/11/2015

Mércores, 11 de novembro de 2015. Este sábado, 14 de novembro, a Eurocidade Tui-Valença organizará, dentro do IV Circuíto de Andainas/Trilhos Saudables, o “Trilho Corredoura do Manco”, que sairá ás 10.00 horas españolas, dende o campo de fútbol de Friestas, percorrendo as freguesías de Friestas e San Fins.

 

Como nos trilhos anteriores, o punto de encontro alternativo para aqueles que descoñezan o punto de saída, será no aparcamento do Lidl de Valença, ás 09.45 horas españolas.

 

Esta andaina terá unha distancia a percorrer de 10,5 quilómetros, sendo o grado de dificultade fácil, cunha duración do percorrido de ao redor de 4 horas.

 

Toda a información sobre o Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade pode atoparse na páxina do Facebook, “Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables”.

 

Trilho Corredoura do Manco

Data: Sábado, 14 de novembro

Saída: ás 10 hora española dende o campo de fútbol de Friestas ou as 9.45h dende o aparcamento do Lidl en Valença

Percorrido: 10,5 qm