Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

En xaneiro as rúas Palláns, San Bartolomé e Arraial serán de sentido único

11/11/2015

Mércores, 11 de novembro de 2015. O 8 de xaneiro entrará en vigor un cambio de sentido de circulación nas rúas en San Bartolomé. Con esta medida o Concello de Tui busca mellorar e axilizar o tráfico nesta zona. En concreto as rúas Palláns, San Bartolomé e Arraial pasarán a ser de sentido único. Así o anuncia o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, nun bando que se vén de facer público.

 

Esta medida forma parte dun plan de reestruturación no tráfico da cidade que que se levará a cabo de forma progresiva co obxectivo de mellorar a circulación no centro urbano.