Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá martes inaugurarase a exposición “Paisaxes Mentais” de Nel Díaz Piñeiro

9/11/2015

Luns, 9 de novembro de 2015. Mañá martes, 10 de novembro, ás 19h., na Sala de Exposicións da Área Panorámica inaugurarase a exposición "Paisaxes Mentais" do artista Nel Díaz Piñeiro.

A mostra "Paisaxes mentais" é un reflexo da teima do seu creador, Nel Díaz, polo paso do tempo e o movemento. As imaxes  preséntanse como story boards de paisaxes e situacións oníricas intencionadamente desordenadas ou en continua transformación, que buscan falar de impresións ou recordos que forman parte do noso subconsciente colectivo

Á inauguración acudirán a concelleira de Cultura, María José González, a organizadora da exposición, Helena Rodríguez e o artista Nel Díaz Piñeiro.

Inauguración da exposición Paisaxes Mentais

Día e hora: Martes, 10 de novembro, ás 19h.

Lugar: Sala de Exposicións da Área Panorámica