Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Contos con Miró. Tarabelos.

30/10/2015

O próximo mércores, 18 de novembro, ás 18h a Biblioteca Pública de Tui organiza unha nova sesión de contacontos, esta vez da mán da compañía Tarabelos.

O contacontos céntrase na figura e no arte do pintor Joan Miró polo que a narración virá acompañada da composición dun gran mural inspirado nos debuxos do célebre artista.

A actividade é de balde e está orientada para un máximo de 25 nenos e nenas maiores de 6 anos. Debido ó axustado do aforo, para participar na actividade é necesaria a inscrición previa que pode facerse na propia biblioteca e por correo electrónico en biblioteca@concellotui.com.

O prazo de inscripción abre o 31 de outubro.