Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui celebra o Día da Restauración da Memoria Lingüística cun acto literario-musical

23/10/2015

Venres, 23 de outubro de 2015. Este domingo 25 de Outubro, o Concello de Tui únese á celebración do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia, cun acto literario-musical ás 13h no cemiterio de Guillarei. Participarán os alumnos do conservatorio de música de Tui e a escritora Marga do Val. Descubrirase unha placa na memoria das persoas que alí xacen.