Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui informa que este venres non se poderá aparcar na traseira da Área Panorámica

1/07/2015

Mércores, 1 de xullo de 2015. O Concello de Tui informa que durante este venres, día 3 de xullo, dende as sete da mañá non se poderá usar o aparcadoiro da traseira da Área Panorámica. O motivo é que se farán obras de adecuación do firme da vía.

Esta actuación será levada a cabo pola maquinaria da mancomunidade. Prevese que as obras rematen no mesmo día, este venres. Unha vez estean finalizadas abrirase de novo o aparcadoiro.