Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

I Open Internacional Eurocidade de Judo

18/06/2015

A competición terá lugar este sábado 20 de xuño no pavillón deportivo de Valença

Xoves, 18 de xuño de 2015.  As actividades deportivas da Eurocidade seguen adiante coa celebración, nestas datas, de dúas competicións nas modalidades de Judo e Kung Fu.

Así, este sábado 20 de xuño, a partir das 16h, no pavillón deportivo municipal de Valença, celebrarase o I Open Internacional Eurocidade de Judo, organizado polo JudoClub Valença e a Eurocidade Valença Tui. Na proba enfrontaranse judocas de categorías xuvenís e cadetes, pertencentes a clubes de Portugal e Galicia.

E a fin de semana próxima, o 27 e 28 de xuño, terá lugar a segunda edición do Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade, organizado pola Federación Galega de Kung Fu, a Eurocidade Tui-Valença e o Club Deportivo DiSom Tui. No marco deste evento realizaranse varios talleres na xornada do sábado no pavillón deportivo de Valença, así como a competición o domingo, no pavillón deportivo municipal de Tui.