Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este sábado 13 de xuño celébrase o Trilho do Facho, en Valença

11/06/2015

Martes, 9 de xuño de 2015. Este sábado 13 de xuño, a Eurocidade Tui-Valença organizará, dentro do IV Circuíto de Andainas/Trilhos Saudables, o "Trilho do Facho", que sairá ás 10.00 horas españolas, dende a Igrexa Matriz de Fontoura, percorrendo as freguesías de Fontoura e Cerdal.

 

Como en edicións anteriores, o punto de encontro alternativo para aqueles que descoñezan o punto anterior, será no aparcadoiro do Lidl de Valença, ás 09.45 horas españolas.

 

Esta andaina terá unha distancia a percorrer de 13 quilómetros, sendo o grado de dificultade moderado, cunha duración do percorrido de arredor de 6 horas.

 

Toda a información referente ao Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade pode atoparse na páxina do Facebook, "Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables".