Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Amplíase o prazo de inscrición nos Campamentos de Verán Tui 2015

10/06/2015

 

Durante os días 15, 16 e 17 de xuño poderanse entregar os formularios ata completar as prazas dispoñibles

 

Martes, 9 de xuño de 2015. O Concello de Tui volve a abrir o prazo de inscrición para as diferentes quendas dos Campamentos de Verán Tui 2015, dado que aínda quedan prazas dispoñibles.

 

Así, durante os días 15, 16 e 17 de xuño, poderán entregarse os formularios e a documentación na secretaría do Concello de Tui, dende as 09.00 ata as 14.00 horas, ata completar as prazas dispoñibles en cada unha das quendas.

 

Así mesmo, unha vez entregada a solicitude, deberá facerse o abono da taxa establecida, de 30,56€ por participante e quenda, no departamento de tesourería do Concello de Tui. Aquela persoa que o día 17 non fixera o abono da taxa, quedará excluído do listado de admitidos.