A IV Eurocidade 10 pecha as inscricións mañá mércores
10/06/2015
Martes, 9 de xuño de 2015. Este domingo 14 de xuño celebrarase a cuarta edición da EUROCIDADE 10, proba deportiva de dez quilómetros, que este ano terá como saída a zona da “Coroada”, no interior das murallas de Valença, ás 11.00 horas españolas. As inscricións para esta proba deportiva pecharán mañá mércores ás 23.59 minutos, polo que todos os interesados en realizar a súa inscrición poderán efectuala a través da páxina web www.championchipnorte.com. O Club Atletismo Tui-Thermalia e a Eurocidade Tui-Valença organizan unha nova edición desta emblemática carreira entre as dúas cidades, entre os dous países, cruzando a Ponte Internacional vella.