Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Piscina Municipal de Valença permanecerá pechada dende o 23 de maio ata o 15 de setembro

21/05/2015

Debido a obras de substitución da cuberta, colocación de vidros dobres e da instalación de paneis solares para unha mellora da eficiencia enerxética, a piscina municipal de Valença pechará ao público no período comprendido entre o sábado 23 de maio e o 15 de setembro.

Por este motivo, dende o 18 ao 29 de maio, na mesma instalación, se realizarán as inscricións para os cursos de natación da tempada 2015-2016.