Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase o acto de clausura das Escolas Deportivas de Patinaxe da Deputación de Pontevedra no Concello de Tui

14/05/2015

Mañá venres 15, ás 12.00 horas, na sala de reunións do Concello de Tui, terá lugar a presentación do acto de clausura das escolas deportivas de patinaxe da Deputación de Pontevedra en Tui, que se celebrará este sábado 16, dende as 12.00 horas, no novo pavillón deportivo municipal tudense.

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Antonio Castro, o responsable da Federación Galega de Patinaxe, Alberto Covelo e o responsable do CPA Ribex de Tui, Santiago Alonso.