Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá ás 11 preséntase a XVIII Feira do Libro

13/05/2015

Mañá xoves, ás 11h terá lugar na sala de reunións do Concello de Tui a presentación da XVIII Feira do Libro de Tui que se celebrará este domingo coincidindo co Día das Letras Galegas.

Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, xunto ás representantes das librarías tudenses Espazo Lector Nobel, Iris e Valverde, e a presidenta da Asociación de Comerciantes de Tui, Pilar Besada.

Presentación XVIII Feira do Libro

Data: Xoves 14 de maio ás 11h

Lugar: Na Sala de Reunións do Concello de Tui