Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá sábado descubrirase unha placa en Paramos conmemorativa da recuperación do Cruceiro da Torta

8/05/2015

Mañá sábado, 9 de maio, ás 18h terá lugar o descubrimento dunha placa en Paramos co gallo da recuperación do Cruceiro da Torta desaparecido nesta parroquia hai un ano.

 

A familia Varela encargou ao escultor Juan Manuel Rodríguez unha réplica do cruceiro desaparecido baseándose en fotografías do mesmo. Esta peza escultórica volverá colocarse no emprazamento que ocupaba no cruzamento entre a rúa que leva a igrexa coa estrada de Salceda.

Asistirán ao descubrimento da placa o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, membros da familia Varela, e actuará o grupo de gaitas San Xoán de Paramos.