Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este sábado celébrase a Andaina Saudable da Eurocidade polo Trilho Vale do Gadanha en Monçao

7/05/2015

Este sábado, 9 de maio, a Eurocidade Tui-Valença organiza, dentro do IV Circuito de Andainas/Trilhos Saudables, o “Trilho Vale Do Gadanha”, que sairá ás 10.00 horas españolas, dende a Igrexa dos Milagres, en Cambeses (Monçao).

Dado que para esta andina é preciso transporte, será obrigatoria a inscrición previa para reservar a praza no autobús, a un prezo de 2€ por persoa. Os interesados poden anotarse na piscina municipal de Valença, ou a través dos números de teléfono 00351.934.440.770 / 00351.916.531.313 ou no correo electrónico celtasdominho@gmail.com, ata completar as prazas dispoñibles.

A saída do autobús será ás 09.15 horas españolas, dende a Central de Transportes Rodoviarios de Valença.

Este trilho terá unha distancia a percorrer de 14 quilómetros, sendo o grado de dificultade fácil, cunha duración do percorrido de ao redor de 4 horas.

Toda a información referente ao Circuito de Andainas Saudables da Eurocidade pode atoparse na páxina do Facebook, “Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables”.

Por outra parte compre lembrar que para a andaina que se realizará o día 31 de maio, “Sendeiro Peonil Ponte do Ramo”, tamén será necesaria a inscrición previa, dado que percorrerá o municipio de Cuntis. Os interesados poderán anotarse nos teléfonos 606.367.629 ou  696.482.245