Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este mediodía preséntase a II Transgalaica BTT Tui 2015

22/04/2015

Hoxe mércores, 22 de abril, ás 13.00 horas, na sala de reunións do Concello de Tui, terá lugar a presentación da “II Transgalaica BTT – Tui 2015”, proba competitiva de ciclismo de montaña organizada polo Club Ciclista de la Fuente e Team Relay, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Ciclismo, que se celebrará este domingo 26 de abril.

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Antonio Castro Negro, o presidente do Club Ciclista de la Fuente, Dean Flecher e Xavier Martínez, secretario do club.