Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O martes, 14 de abril, preséntase a Volta Galicia Máster De Ciclismo

10/04/2015

O próximo martes 14, ás 12.30 horas, no Hotel Alfonso I de Tui, terá lugar a presentación da Volta Galicia Máster De Ciclismo, organizada polo Club Ciclista de la Fuente, en colaboración cos concellos de Tui, Porriño e Tomiño, e da Federación Galega de Ciclismo, que se disputará o fin de semana do 18 e 19 de abril.

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, representantes dos concellos de Porriño e Tomiño, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, o presidente do Club Ciclista de la Fuente, Dean Flecher, o responsable de bicicleta de estrada da Federación Galega de Ciclismo, José Carlos Ledo Martínez, e o ex ciclista Serafín Martínez.