Presentación de Sons de Fronteira
1/09/2014
Luns, 1 de setembro de 2014. Mañá martes, 2 de setembro, ás 11h terá lugar na sala de reunións do Concello de Tui a presentación do festival Sons de Fronteira que se vai celebrar esta fin de semana no Conxunto Histórico de Tui.
A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro do Conxunto Histórico, Nicolás Lorenzo, e representantes do Foro Tude e establecementos organizadores do evento xunto ao Concello de Tui.