Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este domingo dispútanse no novo pavillón de Tui as finais da Copa Galicia de Balonmán

28/08/2014

 

Xoves, 28 de agosto. Este domingo, 31 de agosto, disputaranse en Tui as finais da Copa Galicia de Balonmán. A cita será no novo pavillón deportivo municipal, sendo a final masculina ás 11.00 horas e a feminina ás 12.30 horas.

 

Os equipos que xogarán as finais desta Copa Galicia, organizada pola Federación Galega de Balonmán e Deporte Galego da Xunta de Galicia, coa colaboración do Concello de Tui e o Club Balonmán Tui, saíran dos enfrontamentos que se disputarán este sábado, entre os equipos Atl. Novás - Frigoríficos Morrazo Cangas e SD. Teucro - Emb. Lalinense Bm Lalín na categoría masculina, e BM. Porriño B - BM. Porriño A e S.D. Chapela - BM. Seis do Nadal na categoría feminina.

 

O Concello de Tui alberga unha vez máis deporte de alto nivel nunha das súas instalacións, o que fai posible que todas as persoas interesadas poidan ver aos mellores equipos de balonmán de Galicia na nosa cidade.