O sábado celébrase o oitavo Mercado da Verdura no cárcere vello en Tui
7/08/2014
Xoves, 7 de agosto de 2014. A venda de produtos ecolóxicos directamente por parte dos seus produtores volverá encher de actividade este sábado pola mañá o cárcere vello, na rúa Sanz, no Conxunto Histórico de Tui. Será coa celebración do oitavo Mercado da Verdura que dende finais do mes de abril se está a celebrar neste espazo cada segundo e último sábado de mes. A iniciativa está organizada polo Concello de Tui, APEGA, Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos, e o Foro Tude.
Os consumidores poderán atopar tomates, pementos, berenxenas, xudías, plantas aromáticas, entre outros produtos ecolóxicos de temporada. O mercado abrirá as súas portas de 10 a 14h. Tamén haberá degustación dalgúns destes produtos coma tomates ou calabacíns.