Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Excelentes resultados do policía local tudense Avelino Martínez no EUROPOLYB

21/07/2014

Acadou as medallas de ouro e prata en judo, así como a de bronce na modalidade de Jiujitsu

Venres, 18 de xullo de 2014. A pasada fin de semana celebrouse en Bruxelas os V Campionatos Europeos de Policías e Bombeiros, nos que o policía local tudense, Avelino Martínez, que adestra no Judo Club Valença, acadou uns magníficos resultados, converténdose en campión na modalidade de judo

Avelino Martínez participou nas modalidades de judo, acadando unha medalla de ouro en categoría Gran Master menos de 81 Kg e prata en Liga Open (compiten varias categorías, por peso e por idade) e en jiujitsu, na que acadou a medalla de bronce.

O Concello de Tui felicita a Avelino Martínez polos magníficos resultados acadados neste campionato, e en próximas datas realizará unha recepción oficial na casa consistorial para homenaxealo.

Así mesmo, o Concello de Tui desexa felicitar aos padeeiros do Club Kaiak Tudense que participaron no Campionato de Europa de Piragüismo en Pista, na cidade alemana de Brandemburgo, José Luís Bouza, Roi Rodríguez, Víctor Rodríguez, Rubén Millán e Carla Pérez, que obtiveron excelentes resultados e que participarán en próximas semanas nos Campionatos do Mundo Sub23 e Sénior; e aos remeiros do Club Remo Tui, Jesús González e Sergio Pérez, que participaron na cidade suiza de Lucerna, na III Copa do Mundo, obtendo na modalidade de catro sen lixeiro masculino a primeira posición na final B.