Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Produtos ecolóxicos e degustación de timbal de verduras este sábado no sexto Mercado da Verdura en Tui

11/07/2014

Xoves,  10 de xullo de 2014. Tomates, pementos, berenxenas, xudías, plantas aromáticas...son só algúns do produtos ecolóxicos que se poderán mercar este sábado, 12 de xullo, no sexto Mercado da Verdura que se celebrará no cárcere vello. Aqueles que se acheguen a ata a rúa Sanz, no Conxunto Histórico de Tui, en horario de 10 a 14h, poderán mercar este e outros produtos directamente da man dos seus produtores. Tamén poderán degustar este sábado un timbal de verduras, continuando a iniciativa de elaborar pratos sinxelos cos produtos que están á venda.

O Mercado da Verdura é unha iniciativa do Concello de Tui, de APEGA, Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos, e do Foro Tude. Lembramos que se celebra cada segundo e último sábado de mes.