Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do II Cuadriatlón Eurocidade

9/07/2014

Mércores, 9 de xullo de 2014. Maña xoves, 10 de xullo, ás 11.00 hora españolas, na sala de reunións do Concello de Tui, terá lugar a presentación do II Cuadriatlón Eurocidade, proba deportiva organizada pola Eurocidade Tui-Valença e a empresa tudense VerdeAzul, que se celebrará o sábado 19 de xullo.

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o vereador de desporto de Valença, José Monte, e os responsables de VerdeAzul, Eduardo Sousa e Mercedes Martín.