Este sábado celébrase o Trilho Nocturno do Monte Faro
9/07/2014
Martes, 8 de xullo de 2014. O circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, organizado pola Eurocidade Valença-Tui, celebrará o seu noveno percorrido, “Trilho Nocturno Monte Faro”, este sábado, 12 de xullo, a partir das 22.00 horas españolas. Esta andaina saudable terá un percorrido de 11 quilómetros, cunha duración aproximada de 4 horas e media, sendo o grado de dificultade baixo-moderado e dirixido a todas as idades. O punto de saída deste trilho será o Monte Faro, ás 22.00 horas españolas, sendo o punto alternativo de encontro no aparcamento do Lidl de Valença, ás 21.45 horas españolas. Dado que o percorrido é nocturno, será obrigatorio que todos os participantes acudan provistos de frontal con luz ou lanterna, así como roupa de abrigo.