Presentación do III Trofeo Cidade de Tui de MiniBTT
7/07/2014
Luns, 7 de xullo de 2014. Maña martes, 8 de xullo, ás 11.00 horas, na sala de reuinóns da Casa do Concello de Tui, terá lugar a presentación do III Trofeo Cidade de Tui de MiniBTT, organizado pola Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas de Tui e a Fundación Óscar Pereiro, en colaboración co Concello de Tui, a Entidade Menor de Pazos de Reis, Cafetería A Macoca, Cerrajería Aloia, Coca Cola e Eurobanan. Esta proba celebrarase este próximo sábado, 12 de xullo, ás 17.00 horas, nas instalacións deportivas da Macoca (Pazos de Reis).
Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez e o responsable técnico da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, Eduardo Fernández.