Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este sábado celebrase en Tui o 1º Coloquio da Eurocidade

19/06/2014

 

O claustro da Catedral de Tui acollerá este evento no que participan distintos especialistas en diversas materias

 

Mércores, 18 de xuño de 2014. Este sábado celébrase no Claustro da Catedral de Tui o 1º Coloquio da Eurocidade, que nace coma instrumento capaz de axudar a conformar a Eurocidade Tui-Valença

 

Neste primeiro coloquio pretendese que, a través dos relatorios de distintos especialistas en historia, arquitectura e cultura, poidamos comprender mellor os puntos en común e as coincidencias existentes entre as dúas cidades, e polo tanto poidamos interpretar correctamente o significado do futuro conxunto que comezamos agora a crear.

 

Desde o punto de vista histórico os doutor Luís Fontes falará sobre o tema "Valença arqueolóxica, cidade e territorio", o historiador tudense Suso Vila farao sobre "A Paisaxe Medieval" mentres que Ruben Camilo Lois Fernández falará de "Xeografía humana, xentes na fronteira".

 

Outra ollada sobre a Eurocidade será a dos arquitectos, así Iago Sara exporá o tema "Actuacións contemporáneas sobre o patrimonio", Francisco Sousa Lobo, presidente da Asociación Portugués dos Amigos dos Castelos, exporá "Identidade militar de Valença".

 

Tamén estarán presentes neste coloquio o xerente da sociedade de Xestión do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, que incidirá sobre a importancia do paso do Camiño de Santiago pola Eurocidade, ademais o presidente da Cámara de Valença e o arquitecto Filipe Guimaraes porán sobre a mesa a "Intervención Urbana na Fortaleza de Valença".

 

No acto tamén participarán o alcalde de Tui Moisés Rodríguez, e o deán da Catedral tudense D. José Dieguez Dieppa, xa que este coloquio se celebrará no claustro catedralicio, o sábado pola mañá entre ás 10h e ás 14.15h.

 

Este 1º Coloquio da Eurocidade está organizado pola Eurocidade Tui -Valença en colaboración co Cabido da Catedral de Tui, e aberto o público en xeral. A  entrada é gratuíta