Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Os campamentos urbanos e deportivos de Tui pechan o periodo de inscripción

12/06/2014

 Tódolos nenos e nenas inscritos quedan admitidos Xoves, 12 de xuño. Dende o 3 ata o 11 de xuño realizáronse as inscricións para os campamentos urbanos e deportivos de Tui 2014, onde 245 nenos e nenas apuntáronse nas distintas quendas ofertadas, e que comezarán o día 1 de xullo. Dado que tódolos nenos e nenas inscritos quedaron admitidos, cada participante terá ata o día 20 de xuño para facer o ingreso do prezo de tódalas quendas ás que se inscribiron, sendo de 30,56€ por quenda e por neno/a. Para facer este pago, os pais, nais o titores dos participantes terán que pasar polo departamento de tesourería do Concello de Tui para recoller o recibo, podendo facer o ingreso no caixeiro do concello, o nas oficinas do Banco Santander o NovaGaliciaBanco. O participante admitido que o día 20 de xuño non fixera o ingreso, será dado de baixa e non poderá participar nos campamentos urbanos e deportivos de Tui. INICIO DO CAMPAMENTO Tódolos participantes inscritos na primeira quenda, que comezará o día 1 de xullo, terán que acudir, como primeiro día, ao pavillón deportivo municipal novo, ás 09.00 horas, onde terá lugar a presentación do campamento. Os participantes que solicitaron a aula matinal, poderán acudir á instalación a partir das 08.00 horas. Ese día daranse as directrices básicas de funcionamento do campamento, así como resolveranse as posibles dúbidas dos pais e nais dos participantes.

Listados Campamentos Urbanos Tui Inscritos