Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación XI Andaina Solidaria Tudense

7/05/2014

 

Mércores, 7 de maio de 2014. Este xoves 8, ás 11 horas, na sala de reunións do Concello de Tui, terá lugar a presentación da XI Andaina Solidaria Tudense, organizada polo Club AndaTui Rego da Pedra en colaboración co Concello de Tui. Esta actividade celebrarse o sábado 17 de maio.

 

Na presentación estarán presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o presidente do Club AndaTui Rego da Pedra, Jose Martínez Tato, e o tesoreiro do club, Xosé Manuel Novoa Fernández.