Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Hoxe concerto de trompeta dentro do II Ciclo de Xóvenes Intérpretes "Pai Rosendo Salvado"

5/05/2014

 

Luns, 12 de maio de 2014. Hoxe terá lugar ás 21h  no Conservatorio Profesional de Música de Tui un novo concerto do II Ciclo de Xóvenes Intérpretes “Pai Rosendo Salvado”.

O protagonista desta nova cita é Manuel Madarnás, trompetista de Salvaterra do Miño que comezou os seus estudos musicais na Escola de Música Municipal de Tui aos 7 anos. Aos 10 ingresou na Banda de Música Popular de Tui e aos 12 no Conservatorio Profesional de Música . Este xoven trompetista conta xa con CD propio e esta noite deleitará aos asistentes co seu talento musical.