Tui-Valença estiveron presentes no programa de Antena1 sobre as Eurocidades
27/03/2014
Xoves, 27 de marzo de 2014. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, foi un dos convidados ao programa especial realizado pola emisora portuguesa Antena 1 dende Valença. A radio pública portuguesa realizou un programa especial de seis horas de duración a dous meses de que se celebre nas Eleccións Europeas sobre eurocidades e cooperación transfronteiriza no programa "Portugal em Direto".
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, xunto ao vereador de Valença, José Monte, expuxeron a experiencia concreta da Eurocidade Tui-Valença, creada hai agora dous anos, os pasos dados ata o momento, o traballo que se está a realizar para dotar duns estatutos á Eurocidade e que esta poida contar así con entidade xurídica para poder acceder a fondos europeos.