Presentación da Programación Cultural do primeiro semestre de 2014
11/02/2014
Martes, 11 de febreiro de 2014. Este xoves, ás 11h, no vestíbulo do Teatro Municipal, no edificio da Área Panorámica, terá lugar a presentación da Programación Cultural de Tui correspondente ao primeiro semestre de 2014 que ven recollida nun novo número da Axenda Cultural Corredoira.
Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a concelleira de Cultura de Tui, Vanesa Rodríguez, e Jacobo Sutil, director de AGADIC.