O Concello de Tui e a asociación ACEESCA de Porriño asinan un convenio de colaboración para a realización de prácticas laborais que favorezcan a inserción laboral das persoas con discapaidade intelectual
Luns, 2 de decembro de 2013. O pasado xoves na Casa do Concello de Tui tivo lugar a sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello tudense e a Asociación Comarcal de Educación Especial Santísimo Cristo del Amor - ACEESCA representados polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez ,e a presidenta da asociación ACEESCA de Porriño, María Luz Fernández Grandal, para levar a cabo prácticas laborais cunha usuaria da asociación .
ACEESCA dedícase á atención de persoas con discapacidade intelectual que ten entre os seus obxectivos e prioridades a inserción laboral deste colectivo. Coma parte da formación práctica que imparte aos seus usuarios , asinou este convenio co Concello de Tui, co fin de que Sonia Martínez Sampayo, usuaria da asociación, realice prácticas laborais no Concello de Tui. A duración das prácticas é de dous meses, dándolle continuidade ao curso de formación teórica previamente realizado en tarefas administrativas.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, expresou a súa total satisfacción polo traballo que Sonia Martínez está realizando no Concello e o seu desexo de continuar colaborando con ACEESCA no futuro.