Continua a visita da delegación Tudense á localidade xermana de Versmold
A delegación tudense que encabezada polo Alcalde, Moisés Rodríguez Pérez, continuou ao longa da xornada de onte o seu amplo programa de actividades no decurso da súa visita oficial á localidade xermana de Versmold, cun extenso abano de encontros con diversos responsables locais e rexionais.
Así participaron ao mediodía nunha Mesa redonda sobre o tema “Unha Europa Comunitaria“ xunto coa ministra de Asuntos Federais, Europa e Medios do Estado Federado (Land) de Renania do Norte-Westfalia, a Dra. Angelica Schwall-Düren, e as autoridades locais de Versmold, Dobczyce (Polonia), Vrdnik (Serbia) e Valença (Portugal).
A xornada de onte venres comezará cunha visita turística á cidade de Münster, cidade histórica ligada á historia de Europa pola sobre a Paz de Westfalia no contexto dunha Europa comunitaria.
Na tarde tivo lugar unha visita ao Instituto de Educación Secundaria CJD en Versmold e da escola de educación primaria Sonnenschule. No decurso das visitas coñeceron as peculiaridades da formación escolar alemá en comparación coa formación escolar europea.
Visitaron tamén o local social da colonia española en Versmol, onde o grupo didáctico “Antón Corral” ofreceu un recital de música popular galega aos asistentes.
Para o rexedor tudense esta visita está contribuíndo moi positivamente a afondar no mutuo coñecemento entre as autoridades das nosa localidades e o grupo de veciños que as acompañan de cara a establecer máis sólidos lazos de amistade e colaboración.
Hoxe sábado terá lugar o festival “Europa baila en Versmold, A cultura non coñece fronteiras“ onde cada unha das cidades irmandadas presentará costumes típicas do seu país. No festival participan grupos locais, tudenses e das localidades de Dobczyce (Polonia) e Vrdnik (Serbia).