O 1º Cuadriatlon da Eurocidade reuniu a 90 participantes
O PRIMEIRO CUADRIATLÓN EUROCIDADE TUI-VALENÇA REUNIU A 90 PARTICIPANTES
O primeiro Cuadriatlón da Eurocidade celebrouse o pasado sábado en Tui cun total de 90 participantes provintes das dúas partes da fronteira. 30 parellas e 30 deportistas de categoría individual participaron nesta primeira edición que tivo como punto de encontro o Centro Interfederado de Piragüismo e Remo de Tui.
A proba consistiu no nado de 500 m do Río Miño, o percorrido de 12 km en bicicleta pola rúas vellas e paseo fluvial da cidade de Tui, 2 km en Kayak entre as dúas pontes internacionais e 5 km de carreira a pé polo exterior das murallas de Valença.
O encontro contou coa colaboración persoal dos voluntarios da Cruz Vermelha portuguesa , Bombeiros Voluntarios, Comandancia Naval do Miño , Policía Local de Tui e Protección Civil .
Os resultados das 5 diferentes categorías foron os seguintes :
CATEGORÍA FEMININA 1ª.- NATALIA MARTÍNEZ REBOREDO
CATEGORÍA MASCULINA 1º.- JOSÉ LUÍS CASTRO CONDE
2º.- JOSÉ LUÍS GONZÁLEZ MARTÍNEZ
3º.- MATEO MARTÍNEZ LAGE
CATEGORÍA PARELLAS 1º.- MARCO ANTONIO CADENAS E BRAIS SÁNCHEZ
2º.- BREIXO BUJÁN E DIEGO CASTRO
3º.- GUSTAVO TUBÍO E FRANCISCO CERDEIRIÑA
1º INDIVIDUAL EUROCIDADE – JOSÉ LUÍS CASTRO (TUI)
1ª PARELLA MIXTA: IVÁN REGUEIRA E MARÍA MARTÍNEZ