A volta ciclista a España pasará por Tui o Domingo 23 de Agosto
Venres 23 de agosto de 2013. A cidade de Tui acollerá o pasado da Volta ciclista a España o vindeiro domingo 25 na segunda etapa da volta, que rodará entre Pontevedra e o Alto da Groba.
O pelotón chegará ao noso Concello procedente de Salvaterra, circulando póla estrada PO 510, pasando por Entenza, Paramos, Guillarei, e casco urbano de Tui (Av. da Concordia, Paseo Calvo Sotelo, rúa Augusto González Besada, rúa Martínez Padín e Avenida de Portugal). A hora aproximada do pasado da Volta polo casco urbano de Tui é arredor das 16,00 horas, están previsto que dende unha hora antes circule a caravana que acompaña a este evento deportivo.
A presenza da Volta Ciclista a España en Tui é un importante acontecemento deportivo polo que o Alcalde de Tui convida aos veciños a presencia o seu paso pola nosa cidade