Valença e Tui Eurocidade do Deporte
Milleiros de atletas en 20 actividades ao longo de 2012
Ao longo de 2012 vinte actividades deron protagonismo ao deporte na Eurocidade Valença Tui, envolvendo mais de 3 mil participantes da Galicia e do Norte de Portugal: Campionato de Pesca Deportiva, 14 Camiñadas saudables entre os “trilhos” de Valença e Tui, 2º Torneo de Fútbol Xuvenil, 1º Eurocidade en BTT, Eurocidade 10, 1º Trofeo Eurocidade en Balonmán, Torneo Cuadrangular de Balonmán 7 e 2ª Travesía a Nado foron algunhas das actividades que se destacaron ao longo de 2012.
As actividades tiveron por obxectivo reforzar a relación entre as dúas cidades procurando conxugar aos esforzos e recursos en probas deportivas transversais aos dous concellos. Para 2013 xa está preparado un programa deportivo, distribuído ao longo do ano, que contempla as mais diversas actividades representativas da Eurocidade.
O Deporte na Eurocidade da cumprimento aos obxectivos do protocolo establecido entre Valença e Tui de reforzar a cohesión social, revitalizar as actividades deportivas, a través de infraestructuras comúns, dinamizar a acción das entidades e desenvolver todas as accións que resulten na mellora da calidade de vida para os seus cidadáns e o fortalecemento das súas relacións. A Eurocidade Valença Tui é un encontro de vontades de 35 mil habitantes, nun novo concepto de cooperación, de segunda xeración, no ámbito europeo.
Valença e Tui son dúas cidades, que viven fronte a fronte, “unidas” fisicamente polo Río Miño e pola fronteira e que están a institucionalizar unha cooperación que xa é efectiva e real na vida diaria das dúas comunidades. Valença e Tui ten potenciado as sinerxías entre as dúas cidades, ao nivel da promoción turística, da xestión compartida dos equipamentos públicos e na organización dos eventos, nas mais diversas áreas. Para Jorge Salgueiro Mendes, Presidente da Câmara de Valença e Moises Rodríguez Alcalde de Tui “Estas actividades reflicten o empeño das persoas e das institucións na construcción de unha verdadeira Eurocidade, con economía de recursos, boas prácticas de xestión que beneficia amplamente ás nosas comunidades”.