O Mago Martín Carmiña presenta “Momentos de asombro”
21/12/2012
Será hoxe venres ás 20h no Teatro Municipal
O Teatro Municipal de Tui acolle hoxe venres, 21 de decembro, ás 20h o espectáculo de maxia “Momentos de asombro” da man do mago Martín Camiña.
Trátase dunha cita para público familiar cunha duración estimada de 70 minutos. As entradas teñen un prezo de 3€ e 2€. Pódense adquirir ata hoxe ás 13h no despacho de billetes , ou hoxe venres dende ás 18.30h no despacho de billetes.
Neste espectáculo a música e a palabra trasladarán ao espectador a momentos máxicos da man do mago e ilusionista Martín Carmiña. No mesmo combina a maxia, o humor e a participación do público.