A película “Vilamor” será proxectada este venres en Tui
Será ás 22h na Praza de San Fernando
Este venres, 31 de agosto, ás 22h proxectarase na Praza de San Fernando a película “Vilamor” dentro da iniciativa Redecinema, da Rede de Dinamización Lingüística, promovida pola Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra neste caso coa colaboración da Concellería de Cultura de Tui.
“Vilamor” é un filme rodado en Galicia e en galego baseado en feitos reais. Trátase dunha historia de amor, a finais dos anos 70, entre unha rapaza “alternativa” interpretada por Sabela Arán e un seminarista ao que da vida Rubén Riós. Ela quere cambiar o mundo e el quere conservar o seu que se derruba. A película, dirixida por Ignacio Vilar, está ambientando nos Ancares, a 1.600 metros de altitude.
Este filme foi un dos 23 seleccionados para participar no Festival Internacional de Cinema de Nova York, onde foi proxectado o pasado 11 de agosto en Times Square en versión orixinal subtitulada.
En caso de choiva a proxección terá lugar no Teatro Municipal, onde se deben retirar as entradas de balde, dende ás 21.30h antes do comezo da proxección, cun máximo de dúas por persoa. O aforamento no Teatro é limitado.
Cinema ao aire libre “Vilamor”
Lugar: Praza de San Fernando
Data: Venres, 31 de agosto ás 22h
*En caso de choiva será no Teatro Municipal. Nese caso retirar entradas de balde, máximo 2 por persoa, dende ás 21.30h. Aforamento limitado.