Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Alcalde de Tui e o Presidente da Cámara de Valença participaron nos 2º Open Days da Eurorrexión

11/07/2012

O ALCALDE DE TUI E O PRESIDENTE DA CAMARA DE VALENÇA  PARTICIPARON NOS 2º OPEN DAY GALICIA – NORTE DE PORTUGAL

 

O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, e o Presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, participaron onte, en representación da Eurocidade Tui – Valença na segunda edición do Open Days da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal que organiza a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal (GNP AECT) celebrada na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Esta 2ª Edición dos Open Days da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal ten como tema central do evento “A Cooperación Transfronteiriza como oportunidade de desenvolvemento en tempos de crise”.

 

En concreto o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, e o Presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, participaron nunha mesa redonda arredor da “Contribución do sector do turismo para o crecemento sostible”, onde fixeron unha análises das potencialidades turísticas dos recursos derivados da condición fronteiriza destas cidades e dos importantes elementos de patrimonio cultural e natural existentes en ambos municipios, realizando un repaso da cooperación que en materia de turismo están a desenvolver na Eurocidade nesta materia, onde salienta a participación en diversas feiras turísticas como Fitur en Madrid ou a BTL – Feira de Turismo de Lisboa.

 

Nesta mesa redonda participaron tamén Carmen Pardo López, Secretaria Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, Melchior Moreira, Presidente de Turismo Porto e Norte de Portugal, Beatriz Gonzalez Loroño, Directora da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Joao Serra, Presidente da Fundaçao Cidade de Guimaraes – Guimaraes 2012 Capital Europea da Cultura, e Odette Patricio, Directora Xeral da Fundaçao Serralves.

 

O Alcalde de Tui valora moi positivamente a presenza desta eurocidade neste evento pois posibilita que a experiencia de cooperación transfronteiriza que están iniciando ambas cidades poda ser coñecida por los responsables da Comisión Europea en políticas rexionais e de cooperación, asi como por numerosos axentes sociais e económicos da eurorrexión, que teñen felicitados aos responsables municipais de Valença e Tui por esta iniciativa ofrecendo o seu apoio ás súas iniciativas.

 

 

Na fotografia figuran, de esquerda a dereita: Juan José Liron Lago, director da Axencia Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal, Moisés Rodríguez Pérez, Alcalde de Tui, David Sweet, Coordinador General de DGRegio (Comisión Europea), Jesús Gamallo Aller, Director Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, e Jorge Salgueiro Mendes, Presidente da Cámara Municipal de Valença.