Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Quique Míguez recibe a Medalla ao Mérito Deportivo

28/05/2012

Na tarde de onte xoves 24 de maio, no paraninfo da Universidade da Coruña, o noso deportista tudense máis laureado Enrique Míguez recibía a Medalla ao Mérito Deportivo Galego das mans do secretario Xeral para o Deporte e da conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

 

Neste acto tamén foron galardoadas outras figuras do deporte galego e nacional, como Fernando Romay, Amancio Amaro ou Isidoro Hornillos entre outros.

 

Nunha gala moi emotiva, Enrique Míguez estivo acompañado pola súa familia e polo concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, quen recoñecía deste xeito que Quique foi e é un exemplo para tódalas xeneracións de deportistas tudenses.