Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Gustavo Rodríguez Subcampión de España de Duatlón

14/05/2012

O deportista tudense acadou a clasificación para o Campionato do Mundo de Duatlón

 

O deportista tudense Gustavo Rodríguez acadou o Subcampionato de España de Duatlón a pasado fin de semana, na proba celebrada en Aguilas (Murcia).

 

Desta maneira, Gustavo Rodríguez “Tavo” acadou a clasificación directa para o Campionato do Mundo de Duatlón, que celebrarase na localidade francesa de Nancy, os días 22 e 23 de setembro de 2012.

 

Dende o Concello de Tui quérese felicitar a Tavo por este resultado e animámoslle a seguir adestrando fortemente para chegar ao Campionato do Mundo nas mellores condicións.