Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A comparsa “Emigración a marte” de Pexegueiro gaña o concurso de Entroido en Tui

22/02/2012

Record de público no desfile-concurso en Tui na súa vixésimo quinta edición

 

Miles de persoas ateigaron esta tarde as rúas novas de Tui para, nunha soleada tarde, disfrutar do desfile-concurso de Entroido que este ano rexistrou record de participación con catorce comparsas e preto de mil persoas desfilando, e tamén record de público presenciando o percorrido do desfile.

 

A gañadora absoluta do concurso foi a comparsa do Centro Cultural O Mosteiro de Pexegueiro con “Emigración a Marte”, cunha magnífica representación do Discovery, e dun platillo voante con movemento do que saían os mandatarios marcianos, acompañando un numeroso grupo de astronautas, encargados da representación musical, coma de marcianos. Amais leváronse o  segundo premio en carrozas tanto polo transbordador coma pola nave espacial, e o seu acompañamento musical foi galardoado co terceiro premio.

 

A segunda clasificada na categoría absoluta foi “Cantos Somos...a gran festa” que celebrou os seus 25 anos cunha comparsa de sátira local na que non faltou nin a corporación nin unha gran papada. Esta comparsa levouse amais o primeiro premio en acompañamento musical e o sexto en carrozas.

 

O terceiro premio absoluto foi para Luces de Tomiño que recreou un bosque animado con todos os detalles dende unicornios, pegaso, duendes, fadas... recibiu tamén o cuarto en carrozas. Levouse tamén o cuarto premio en carrozas.

 

Tamén na clasificación xeral o cuarto premio foi para a comparsa do Centro Cultural de Soutelo, de Salceda por unha extraordinaria representación de “Paris,mon amour”, no que incluíron unha magnífica carroza da Torre Eiffel co arco do triunfo, que se levou o primeiro premio en carroza.

 

O xurado tivo un arduo traballo para entregar os premios dada a calidade das comparsas participantes que desbordaron imaxinación nas súas creacións con creacións dende contos coma a Cenicienta, ou duentes e fadas. Amais houbo dobre representación dos picapedra onde non faltaron nin os tronco móbiles, nin os dinosaurios. Houbo parodias de Urdangarín, dos bombeiros, dunha tribo, ou da película Grease.

 

O deste ano foi un desfile moi especial dado que se trataba da vixésimo quinta edición deste desfile dende a súa recuperación en 1987.

 

Todas as comparsas participantes deberán asistir o próximo domingo ao Enterro do Bacallou que saíra ás 19.30h dende a Praza de San Fernando.

 

Premios Xeral

1º

Emigración a Marte – CC O Mosteiro de Pexegueiro

2º

Cantos Somos... A Gran Festa

3º

“Duendes y hadas” - Luces de Tomiño

4º

“París, Mon Amour” – C.C. de Soutelo,  Salceda

5º

“Os canteiros da Picoña” – Comisión de festas da Virxe da O de Salceda

6º

“A tribo” da ANPA do CRA Mestra Clara Torres

7º

“Volveu o home do Saco” – C.C. A Insua de Caldelas

 

Carroza

1º

“París, Mon Amour” – C.C. de Soutelo,  Salceda

2º

Emigración a Marte – CC O Mosteiro de Pexegueiro

3º

“Os canteiros da Picoña” – Comisión de festas da Virxe da O de Salceda

4º

“Duendes y hadas” - Luces de Tomiño

5º

“Picamacanudos” – Asoc. Grupo de baile Balcón do Val Miño de Gondomar

6º

Cantos Somos... A Gran Festa

7º

La Cenicienta – Asoc. Cultural de Malvas, Tui

 

 

Acompañamento musical

1º

Cantos Somos... A Gran Festa

2º

“Os escoceses” – C.C. Laxes de Paramos

3º

Emigración a Marte – CC O Mosteiro de Pexegueiro