O Concello de Tui recibiu o mércores o premio "Entreculturas 2011" polo seu labor con inmigrantes e emigrantes
O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, recolleu o mércores 12 de outubro en Baiona de máns do Vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Xosé Manuel Figueroa Vila, o premio “Entreculturas 2011” outorgado pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para premiar a unha entidade ou persoa do ámbito galego por “fomentar a solidariedade, a integración, o intercambio, a profundización do mutuo coñecemento e o mutuo apoio entre os pobos e os inmigrantes” .
No decurso do acto o Alcalde tudense salientou que “a nosa cidade está enclavada na fronteira máis antiga que posúe Europa e esa posicións en lugar de illarnos, foi de sempre unha condición da nosa identidade aberta á presenza de xentes de diversas nacionalidades; un crisol aumentado pola nosa condición de porta de entrada en Galicia do centenario Camiño de Santiago que o longo dos séculos ten achegado a Tui a xentes de múltiples procedencias. (...) Nesta “escola” temos os tudenses aprendido a convivir con xentes de todas as procedencias, na actualidade son arredor de 892 os inmigrantes que residen en Tui, cerca dun 5% da poboación, salientando especialmente os portugueses, que supoñen a metade deste continxentes. Os procedentes de Marrocos, Brasil, Arxentina, Colombia, Uruguai ou Venezuela... completan esta diversidade.
Moisés Rodríguez agradeceu ás diversas Corporación Municipais do Concello de Tui que, dende a chegada da democracia, teñen apostado con forza neste traballo hoxe recoñecido con este premio, cunha especial mención para o anterior alcalde, Antonio Feliciano Fernández Rocha e tamén para todo o persoal que traballa no Concello de Tui nos seus diversos departamentos, que coa súa profesionalidade e dedicación fixeron posible acadar este galardón.
Este premio está dotado con 6000 euros e foi entregado o mércores 12 de outubro, coincidindo coa festa da Hispanidade. Os premios Entreculturas os concede a Deputación Provincial de Pontevedra dende o ano 2005 a persoas e entidades que salientan polo seu labor desde dentro e fora de Galicia en pro da solidariedade, a integración o mutuo apoio e a profundización do coñecemento entre os pobos.