Presentación do Campionato de Galicia e Interterritorial Norte de España de Fisioculturismo e Fitness 2011
18/05/2011
Mañá xoves ás 11.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, presentarase o Campionato de Galicia e Interterritorial Norte de España de Fisioculturismo e Fitness 2011, que se celebrará o Sábado 21 de maio, dende as 10.00 horas no Teatro Municipal de Tui.
Á rolda de prensa de presentación asistirán Antonio Feliciano Fernández Rocha, Alcalde do Concello de Tui, Gabriel Opare, fisioculturista cunha excelente proxección e Ramón González, Presidente da Federación Galega de Fisioculturismo e Fitness e un dos poucos españois co título de Campión do Mundo de Fisioculturismo.