"Pérez, el ratoncito de tus sueños 2" de Andrés G. Schaer no Cineforum
CINEFORUM
DÍA 19 DE ABRIL AS 18:30 HORAS, NA SALA FELIX RODRÍGUEZ, NAS AULAS DO CRA, NO CEIP DE REBORDANS, NO CEIP DE RANDUFE E NO CEIP Nº2 DE TUI.
Clasificada: todos os públicos.
FICHA TÉCNICA
Título orixinal: Pérez, el ratoncito de tus sueños 2
Nacionalidade: España
Ano de produción: 2008
Xénero: animación.
Duración: 90
Dirección: Andrés G. Schaer
Produción: Carlos Fernández, Juan Pablo Galli, Juan Vera, Alejandro Cacetta e Julio Fernández
Música: Daniel Goldberg, Panchi
Sinopse: Lucas ten oito anos e quere saber como fai o Ratiño Pérez para cambiar os dentes dos nenos por moedas sen que ninguén o vexa. No seu intento por descubrilo, Pérez cae nas mans de Gil Penkoff, un empresario sen escrúpulos que intentará facerse millonario vendéndolle ao mundo os secretos do rato. Lucas e a súa familia farán todo o que estea ao seu alcance para liberalo e que continúe coa súa tarefa... aínda que quizais a axuda chegue da man doutros personaxes moito máis pequenos.