Mañá xoves segunda proxección do ciclo de cine alemá de entreguerras coa película “Berlín” e visita á exposición de fotografías da UFA
Mañá xoves segunda proxección do ciclo de cine alemá de entreguerras coa película “Berlín” e visita á exposición de fotografías da UFA
Mércores, 10 de novembro de 2010. Mañá xoves 11 de novembro ás 19,30 horas continúan as proxeccións do ciclo de cine alemá co filme “Berlín: sinfonía dunha gran cidade”. Estas actividades chegan á cidade grazas á presenza da exposición “Fotografías da UFA,” que se realiza grazas á colaboración establecida entre a Concellería de Cultura tudense e a Fundación Vicente Risco e co patrocinio do Goethe Institut – Instituto Alemán de Cultura
“Berlín, sinfonía dunha gran cidade” (Alemaña – 1927)
      Duración: 62 minutos
      Director: Walter Ruttmann
      Guión: Robert Barbeske, Karl Freund, Reimar Kuntze, László  Schäffer.
      Xénero: documental mudo
      Sinopse: Inspirado no documental soviético Kino-Nedelia (1918) de  Dziga Vertov, Ruttmann realizou cos mellores   fotógrafos alemáns de época documental baseano na vida da cidade de  Berlín, en cinco actos e durante un día, co tranvía e o tren de fondo.
Ten un valor antropolóxico da Alemaña antes do nazismo e suxire unha forza premonitoria e lírica que esperta reflexións sobre a civilizada tecnocracia que invade o ser humano.
A película proxectarase en versión orixinal con subtítulos en galego no Telecentro de Tui a partires das 19,30 horas. O vindeiro sábado 13 de novembro con “Emilio e os detectives” (1931) remata este ciclo.
Exposición “Fotografías da UFA”
    A exposición amosa o traballo  desenvolvido polos artistas, técnicos e creadores alemáns nos míticos estudios  de cine de Berlín. Aunando creatividade con innovacións tecnolóxicas do cine da  época os artistas da UFA produciron unha serie de títulos clásicos que marcaron  o rumbo da historia do cine en Europa e en Estados Unidos. A exhibición amosa  unha escolma de fotografías das rodaxes de películas como “Metropolis”, “El  angel azul”, “Los nibelungos” e outras así como os bocetos dos grandes director  de arte daquela época.
A UFA é unha gran compañía  cinematográfica alemán fundada no ano 1917 con forte apoio gobernamental, tras  a derrota de 1918 a  compañía privatízase comezando unha aposta polas grandes producións. A UFA  salienta polo protagonismo que tivo no cine expresionista xermano de  “entreguerras”, unha auténtica idade dourada, que tivo como principais  expoñentes a Fritz Lang, F.W. Munau e G. W. Pabst.
    A mostra recolle 48 fotografías  que amais da súa alta calidade, ofrecen unha interesante visión da sétima arte  na Alemaña de entreguerras.
A mostra e as películas son unha iniciativa da Fundación Vicente Risco en colaboración co Instituto Goethe, Xunta de Galicia, Centro Galego de Arte Contemporánea, Festival de Cine de Ourense e Cineclube Padre Feijoo xunto coa Concellería de Cultura do Concello de Tui.
 



