Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cristina Pato en concerto con “The Galician Conection Tour”

23/07/2010

A entrada é libre. Terá lugar no Aparcamento Municipal

Cristina Pato en concerto con “The Galician Conection Tour”

Ofrecerá un directo moi interactivo o domingo 25 ás 22.30h

 

Venres, 23 de xullo de 2010. “The Galician Conection Tour” é o título do último disco da gaiteira galega Cristina Pato. Baixo o mesmo nome presenta este domingo un concerto en Tui, no aparcamento municipal na Área Panorámica, ás 22.30h con entrada gratuíta.

 

“The Galician Conection Tour” é o primeiro disco no que Cristina Pato controla todo o proceso de composición, creación e produción, polo que para ela é moi especial, salientando que é un traballo que xurde da súa necesidade de facer cousas.  Os seus concertos están cheos de enerxía o a resposta do público está  a ser para ela moi gratificante. A Tui chegará este domingo logo de actuar xoves e venres en Xerusalén.

 

Sobre o escenario estarán cando a ela oito músicos en directo, a voz de Laura Amado, a súa irmá Raquel Pato nos teclados e Roberto Comesaña no acordeón. Neste directo convida ao público a facer unha viaxe a través da música galega, da súa música, e sobre todo da literatura galega dende Rosalía de Castro ata Álvaro Cunqueiro.  Será amais un concerto moi interactivo co público.

 

Cristina Pato reside dende 2004 en Nova York onde marchou cunha bolsa da Fundación Barrié de La Maza para facer o seu doutoramento. Deses anos nos EEUU xurdiu unha relación máis profunda coa gaita, e o proxecto no que logrou sintetizar os seus mundos musicais, este “The Galician Conection Tour”.

 

Peche do aparcamento municipal polos concertos da fin de semana

 

A policía local de Tui informa que co gallo dos concertos que esta fin de semana van ofrecer en Tui Dulce Pontes e Cristina Pato no aparcamento municipal, este espazo permanece pechado ata o luns ás 19h. Neste tempo non se poderá nin estacionar nin circular polo aparcamento municipal, debido as labores de montaxe e desmontaxe dos concertos.

 

Cristina Pato con “The Galician Conection Tour”

-          Domingo, 25 de xullo, ás 22.30h

-          No aparcamento municipal

-          Entrada libre