Mañá venres inauguración da exposición "En clave de pedra" do escultor tudense Rosendo
MAÑA VENRES INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN "EN CLAVE DE PEDRA" DO ESCULTOR TUDENSE ROSENDO
A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle mañá venres 18 de xuño ás 20,30 horas a inauguración da exposición do escultor tudense Rosendo González Martínez "Rosendo" que amosará unha escolma da sua producción artística.
Rosendo comenza no 1984 o seu labor escultórico tallando granito e mármore, alternando esta actividade con modelado e vaciado así como técnicas de cantería. Ten impartido clases de cantería en diversas Escolas e Obradoiros de Emprego em diversas localidades de Galicia.
Na actualidade está ultimando a elaboración da escultura de Sócrates que o vindeiro venres 26 de xuño será reposta nos tudenses Xardíns de Troncoso lugar de onde fora arrincada no ano 1936 e que reproduce o monumento elaborado naquelas datas polo artista Benito Prieto Coussent, profesor de debuxo no Instituto local.
Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, con esta nova exposición o Concello de Tui continua impulsando á promoción e difusión da obra dos nosos artistas locais, como é o caso do escultor tudense Rosendo que posue xa unha acreditada traxectoria e que dende hai xa nove anos no realizaba unha mostra da súa obra en Tui.
Curriculum de Rosendo
EXPOSICIÓNS
- EXPOSAL 90 - Salceda de Caselas, Pontevedra
- 2ª MOSTRA UNIÓN FENOSA ( A Coruña 91)
- FESTIVAL DA POESÍA NO CONDADO 91 - Salvaterra de Miño, Pontevedra
- XOVES VALORES, Museo de Pontevedra 92 (Deputación de Pontevedra)
- SALA MUSEO LAXEIRO (Vigo 94)
- GALICIA TERRA UNICA (Vigo 97)
- 1º SIMPOSIUM DE ESCULTURA MONTE ALBA Vigo 99 ( asistente )
- PIEDRA 2000 ( IFEVI Madrid )
- SALA ARZOBISPO LAGO - Tui 2001 (individual)
- XI BIENAL INTERNACIONAL DE ARTE - Vila Nova de Cerveira - PORTUGAL 2001
- ARTE NO MORRAZO, Cangas 2002
- ARTUISTAS -Tui 2008
- ARTUISTAS -Tui 2009
OBRAS EN COLECCIÓNS PARTICULARES
- Bodegas Vega Sicilia - Ribera del Duero : Escudo en praza principal
- Alicante : escultura relixiosa privada (Cruceiro monumental)
- Irlanda : escultura moderna Cheltenham Castel
- Vigo : escultura relixiosa privada ( Cruceiro monumental)
- Porriño: Busto recordatorio fundador grupo industrial
- Tui : Fonte de Santa Ana , Escultura relixiosa
- Vigo: Busto recordatorio
- Tui: Escultura conceptual.
- Salvaterra: Escultura conceptual en gran formato
OBRAS EN ESPAZOS PUBLICOS
- Estadio Vicente Calderón : Escudos en fachadas exteriores
- A Bañeza - León: imaxe de Santiago Peregrino
- León: escultura de Santa Columba de la Vega.
- Oviedo: imaxe de Santiago Peregrino
- Tomiño: Fonte escultórica en centro cultural