Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Concelleria de Servizos Sociais convoca o I Concurso fotográfico "Relación home/muller 100% positivo" con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero

6/11/2008

I CONCURSO FOTOGRÁFICO  RELACIÓN HOME/MULLER 100% POSITIVO” CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

1.       

Participantes

 

Poderán participar as persoas físicas maiores de 16 anos residentes en España, sen importar a súa nacionalidade.

No caso de participantes menores de idade será necesario contar co consentimento expreso dos seus pais ou titores legais tanto para a participación como para o goce dos premios.

A participación neste concurso supón a total aceptación destas bases.

 

2.    

Tema

 

As fotografías deberán adecuarse ao tema e contidos do concurso (ver anexo). O comité organizador do concurso gárdase o dereito de aceptación das obras segundo se adecúen ou non á temática do concurso.

 

ANEXO

O tema deste ano "Relación home/muller 100% positivo" quere facer fincapé na relación entre a muller e o home, resaltando dunha forma positiva a relación de parella, amizade, convivencia no traballo... é dicir, en todos os ámbitos da vida.

 

Con este concurso queremos resaltar que aínda que, desgraciadamente, existan vítimas de violencia de xénero, afortunadamente, a maioría de relacións entre homes e mulleres son relacións non violentas. Con esta campaña queremos fomentar este tipo de relacións e que acabemos entre todos coa violencia machista.

 

3.   

Licenzas das obras

 

Os participantes no concurso responderán persoalmente da lexítima titularidade e orixinalidade da obra nos termos a que se refire o Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual, garantindo, pola soa participación neste concurso, dita titularidade así como o carácter orixinal e inédito da obra.

4.   

Envío das obras

Cada participante poderá enviar un máximo de 3 obras.

 

Aceptaranse obras con retoque fotográfico sempre que non se trate de fotomontaxes.

 

As fotografías poderán ser en color ou en branco e negro.

 

As fotografías, que se presentarán en papel, non superarán nunca o tamaño mínimo de 20cmx15cm e un tamaño máximo de A3 (42cmx29.70cm). Cada fotografía debe levar un título.

 

Os traballos presentaránse nun sobre pechado, especificando no seu exterior: “I Concurso fotográfico: Relación home/Muller 100% positivo” que poderá ser entregado directamente na oficina ou ser enviado por correo ao Concello de Tui. Os traballos presentaranse nun sobre, máximo 3 fotografías (recordade titular cada fotografía), e xunto a este sobre presentarase outro sobre pechado cos datos do autor/a: Nome e apelidos, enderezo, nº de teléfono e fotocopia do DNI.

5.   

Prazos

O prazo de recepción das fotografías finalizará  o 22 de novembro de 2008, ata as 12h

6.   

Fotografías finalistas e exposición

Coa fotografía premiada e seleccionadas (un total de 50 fotografías) realizarase unha exposición no Area Panorámica, sendo a inauguración o 25 de novembro ás 20:00h e a finalización o 4 de decembro.

O 28 de novembro comunicarase a decisión do xurado aos finalistas, por teléfono, e farase público a través da Radio Municipal de Tui.

Os autores seleccionados para a exposición cederán os dereitos de utilización, exposición, reprodución e distribución pública das obras seleccionadas, para uso exclusivo das accións relacionadas co concurso en cuestión.

7.   

Comité de organización e xurado

O comité organizativo estará composto polas técnicas de Servizos Sociais, e o xurado será nomeado por este comité.

O comité organizador estará composto por:

-Olga Hermida Durán

-Paula Guerreiro Ferreira

-Carmen González Fernández

O xurado estará composto por:

-Mónica Bugarín Gómez, Directora da Casa da Xuventude de Tui.

-Patricia Ricón Alonso, Concelleira de Servizos Sociais.

-Jose Angel Font Moldes, Director da Radio Municipal de Tui.

-Manuel Martínez González, Director da Galería de Arte “Trisquel e  Medulio”.

O ditame do xurado será inapelable e farase público o día 28 de novembro.

8.   

Premios

O xurado elixirá as fotografías finalistas que mellor se axusten aos criterios do concurso, tomando en consideración a súa calidade técnica e artística, e a temática das mesmas.

Os premios poderán declararse desertos.

 

O finalista recibirá un premio de 200 €.

Crearase un premio especial para os menores de 16 anos, consistente nun agasallo por valor de 100 €.