Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Até o 19 de outubro consulta do censo electoral para as eleccións do 29N

13/10/2026

Do 12 ao 19 de outubro as persoas electoras poden consultar os seus datos de inscrición no censo electoral que estará vixente nas elección xerais convocadas para o 29 de novembro. 

É de especial interese a consulta dos datos por parte das persoas que veñen de cumprir 18 anos e aquelas que mudaron de domicilio recentemente, para comprobar que os seus datos figura correctamente.  

A consulta realizarase por medios informáticos, previa identificación da persoa interesada con DNI, pasaporte ou permiso de conducir.

Para ampliar a información e para realizar a consulta de inscrición no Censo Electoral polos propios electores e electoras de maneira telemática, poden acceder á páxina web do INE (https://sede.ine.gob.es/tramite/censo_electoral/). 

Así mesmo, infórmase que durante o citado período publicarase no Taboleiro da Sede Electrónica do Concello de Tui (https://concellotui.sedelectronica.gal/) a relación de seccións censuais cos locais e mesas electorais correspondentes a cada unha delas, que se utilizarán nas Eleccións Xerais do 29 de novembro, e que se publicarán no Boletín Oficial da Provincia o vindeiro 12 de outubro de 2026. Teléfono de consulta no Concello de Tui: 986 60 36 25, en horario de 9:00h a 14:00h. Teléfono de información da Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral para os electores: 900 343 232.

 

Bando consulta censo electoral eleccións xerais do 29N